Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 18989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (275/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 275/2010, por instancia de María Fuentes Noya contra a entidade Confecciones Liñaza, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 26 de abril de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por María Fuentes Noya, asistida polo letrado Juan Gerpe Castro, contra a entidade Confecciones Liñaza, S.L., contra a administración concursal da citada empresa e contra o Fogasa, todos eles en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.425,50 euros en concepto de indemnización por despedimento, condenando a administración concursal e o Fogasa a se ater a esta declaración, coa responsabilidade que os puider alcanzar, isto sen prexuízo da competencia do xuíz do concurso para a execución desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 1534 0000 6527510.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Liñaza, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado