Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 18991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1175/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1175/2011, por instancia de Consuelo Sánchez Mata contra as entidades Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e TG Maquinaria y Distribuciones Gráficas, S.L., sobre resolución de contrato, en que recaeu sentenza con data do 21 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Consuelo Sánchez Mata, asistida pola letrada María Luz Villares López, contra as entidades Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e TG Maquinaria y Distribuciones Gráficas, S.L., en rebeldía procesual, e en consecuencia, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral que a unía coas citadas entidades, condenando, así mesmo, as ditas empresas ao aboamento, de forma solidaria, dunha indemnización de 49.601,86 euros á demandante. Por outra banda, debo condenar e condeno as empresas demandadas a aboar, solidariamente, a Consuelo Sánchez Mata a suma de 3.177,12 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento, cantidade que se verá incrementada nos xuros por mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000065117511.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e TG Maquinaria y Distribuciones Gráficas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado