Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 18988

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (601/2011).

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria fai saber que nos autos de xuízo de desafiuzamento 601/2011 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

Sarria, 5 de decembro de 2011.

Vistos por min, M.ª Carmen López López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria e o seu partido, estes autos de xuízo verbal sobre desafiuzamento 601/2011, seguidos neste xulgado por instancia de Carmen López López, representada pola procuradora Sra. López Vila e asistida pola letrada Sra. García Arias, contra Eugenio Pérez, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. López Vila, en nome e representación de Carmen López López, contra Eugenio Pérez, declaro:

Que a demandante ten dereito a recuperar a plena posesión do predio da súa propiedade, descrito no feito primeiro da demanda e declaro o desafiuzamento por precario da vivenda sita en Farbán, O Souto, n.º 77, hoxe r/ Fornos de Atrás, n.º 41 de Sarria, propiedade da demandante, condenando o demandado a deixar libre e expedita a mencionada vivenda á disposición da demandante, baixo apercibimento de lanzamento se non o efectúa no prazo dun mes a partir da notificación desta sentenza.

Todo isto con imposición ao demandado das custas procesuais causadas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, no prazo de vinte días».

E para que lle sirva de notificación en forma ao demandado Eugenio Pérez, con último domicilio coñecido en Sarria, rúa Gran Vía, 15, bufarda, expido e asino este edicto.

Sarria, 29 de febreiro de 2012.