Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 18986

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (696/2011).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Segunda da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 696/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Gómez Galiñanes contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pontevex, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación formulado polo letrado da Administración da Seguridade Social, na representación que desempeña do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 8 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en autos seguidos por instancia de Manuel Gómez Galiñanes contra a empresa Pontevex, S.L., a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre pagamento de prestacións de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, desestimando a demanda formulada contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o que absolvemos dos pedimentos contidos nela e mantemos o resto dos pronunciamentos da sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

O secretario