Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (985/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Jesús Alberto Suárez Alvarellos contra Rótulos del Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 985/2009, se acordou notificar a Rótulos del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, a sentenza ditada nos presentes autos con data do 2.4.2012, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza: 271/2012.

Asunto 985/2009.

Na cidade da Coruña o dous de abril de dous mil doce.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Jesús Alberto Suárez Alvarellos, que comparece por si mesmo, contra a empresa Rótulos del Noroeste, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sr. Abajo Lera, ditou o seguinte

Decido que estimando a demanda interposta por Jesús Alberto Suárez Alvarellos contra Rótulos del Noroeste, S.L., condeno a citada empresa a que lle aboe a cantidade de tres mil douscentos noventa e oito euros con dez céntimos (3.298,10 €).

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantia Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter despositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Rótulos del Noroeste, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e para colocar no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial