Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18843

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (397/2010).

Belén Menéndez Medel, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, fai saber que neste órgano xudicial se seguen autos de xuízo verbal 397/2010 por instancia de Olga Milla Castro e Axa Seguros Generales, S.A., de Seguros y Reaseguros, fronte a José Luis González Sampedro e Janet Marianne Acevedo Talma, despois de ditarse sentenza o 22 de febreiro de 2011, e en virtude do establecido no artigo 497 da LAC, achándose os demandados en ignorado paradoiro, notifícaselles a devandita resolución por medio deste edicto que se fixa no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial e publicásese no boletín oficial da comunidade autónoma.

A sentenza que se notifica ten o seguinte ditame:

«Ditame.

Estimo parcialmente a demanda presentada por Olga Visitación Milla Castro e Axa de Seguros y Reaseguros contra Janet Marianne Acevedo Talma e José Luis González Sampedro.

Condeno a Janet Marianne Acevedo Talma e José Luis González Sampedro a que lle aboen a Olga Visitación Milla Castro a cantidade de cincocentos cincuenta e nove euros e seis céntimos, máis o xuro legal do diñeiro desde a data da reclamación xudicial e un xuro anual igual ao do xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data desta sentenza.

Condeno a Janet Marianne Acevedo Talma e José Luis González Sampedro a que aboen a Axa de Seguros y Reaseguros a cantidade de trescentos oitenta e nove euros con oitenta e catro céntimos, máis o xuro legal do diñeiro desde a data da reclamación xudicial e un xuro anual igual ao do xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data desta sentenza.

Sen imposición de custas.

Así por esta sentenza, que non é firme e contra a que cabe interpoñer recurso de apelación, que deberá prepararse ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á notificación da sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma aos demandados, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Noia, 25 de febreiro de 2011.

A secretaria xudicial