Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18842

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (451/2010).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de xuízo verbal 451/2010, seguido por instancia de Miguel Varela de Ugarte contra María Luisa Rendo Barreiros, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, ditou esta resolución nos autos de xuízo verbal civil número 451/2010 seguidos por este xulgado, no que actuou como demandante Miguel Varela de Ugarte, representado pola procuradora Sra. Goimil Martínez e asistido polo letrado Sr. Martínez-Olivares Gómez, e como demandada María Luisa Rendo Barreiro, en situación de rebeldía procesual, e decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola representación de Miguel Varela de Ugarte contra María Luisa Rendo Barreiro e, en consecuencia, condeno a demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 2.552 euros que lle debe, ademais dos xuros legais correspondentes. As custas impóñense á parte demandada. Contra esta sentenza cabe recurso de apelación que se interpoñerá, se é o caso, no prazo de cinco días ante a Audiencia Provincial da Coruña, a través da súa presentación neste mesmo xulgado. Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra esta resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo en calquera sucursal da entidade bancaria Banesto na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial. O depósito da expresada suma deberá acreditarse coa interposición do recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír depósito para interpoñer recurso as partes que no procedemento teñan recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta. Notifíquese esta sentenza ás partes. Inscríbase no libro rexistro da súa clase. Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada rebelde María Luisa Rendo Barreiros, expido e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2010.

O secretario xudicial