Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18325

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 368/2012 PM.

Xulgado de orixen/autos: demanda 146/2011 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recurrente: Javier Sala Pájaro.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Graduado social: Alfonso Carballo Jardón.

Recurridos: Fogasa, Instalaciones Eléctricas Silleda, S.L., Lumen´s Instalaciones Eléctricas, S.L., Empresa María Luz Coego Santos, Admón. Concursal Instalaciones Eléctricas Silleda, S.L.

Abogados: Javier López Romero, Arturo Rafael Vede Calvelo.

Procuradora: Patricia Berea Ruiz.

Secretaria: Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións: recurso de suplicación número 368/2012 desta sección, seguido por instancia de Javier Sala Pájaro contra a empresa Instalaciones Eléctricas Silleda, S.L., Fogasa, Lumen´s Instalaciones Eléctricas, S.L., Empresa María Luz Coego Santos, Administración Concursal Instalaciones Eléctricas Silleda, S.L. sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Javier Sala Pájaro, contra a sentenza con data do 3.11.2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, nos autos 146/2011, seguidos por instancia de Javier Sala Pájaro contra Fogasa, Instalaciones Eléctricas Silleda, S.L., Lumen´s Instalaciones Eléctricas, S.L., Empresa María Luz Coego Santos, Administración Concursal Instalaciones Eléctricas Silleda, S.L., sobre despedimento, debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia e estimando a demanda debemos declarar e declaramos improcedente o presente despedimento litixioso, condenando a empresa demandada a optar entre readmitir ao demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou a aboar ao demandante unha indemnización de 45 días de salario por ano de servizo (calcular a indemnización polo programa despidin antigüidade, data do despedimento e salario) e en ambos os dous casos co aboamento dos salarios deixados de percibir dende a data do despedimento ata a notificación da presente resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Lumen´s Instalaciones Eléctricas, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Venezuela, 59 Silleda, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial