Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18327

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (18/2010).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección quinta da Audicencia Provincial da Coruña, fago saber que no rolo de apelación que se dirá recaeu sentenza, con data do 7 de abril de 2011, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Rolo: 18/10.

Proc. orixe: xuízo ordinario núm. 193/04.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Betanzos.

Deliberación o día: 5 de abril de 2011.

Sentenza n.º 155/2011.

A Coruña, 7 de abril de 2011.

No recurso de apelación civil número 18/2010, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 1 de Betanzos, en xuízo ordinario núm. 193/04, sobre obriga de facer, sendo a contía do procedemento indeterminada, seguido entre partes: como apelante: Ramón Purriños López, representado pola procuradora Sra. Aguiar Boudín; como apelado: Eugenio Bañobre Fernández, e como partes declaradas en rebeldía Neves y Mónica Carro López. Sendo relator Xullo Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Betanzos no xuízo ordinario núm. 193/04, e estimando integramente a demanda interposta por Ramón Purriños López contra Eugenio Bañobre Fernández, debemos condenar e condenamos o demandado a levar a cabo no piso da súa propiedade descrito na demanda as obras necesarias para manter a súa instalación de fontanaría en condicións adecuadas para evitar filtracións de auga ao piso do demandante, e a que indemnice o demandante na suma de 14.345 euros, así como ao pagamento das costas procesuais causadas pola devandita demanda na primeira instancia, sen facer especial imposición ás do recurso, mantendo en todo o demais a decisión apelada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Neves Carro López e a Mónica Carro López, apelado/s en rebeldía civil, cuxos domicilios se ignoran, de conformidade co artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil, libro o presente edicto.

A Coruña, 13 de abril de 2011.

Manuel Conde Núñez Isabel Freire Corzo
Presidente Secretaria