Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18329

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1046/2009-F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que en dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Chamnankit Supawee contra Maremarlo de Hostelería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1046/2009, acordouse notificar a Maremarlo de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, o auto de desistencia do 24.4.2012, que é o seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Auto: 219/2012.

Número autos: Demanda 1046/2009-F.

Materia: ordinario.

Demandante: Chamnankit Supawee.

Demandados: Maremarlo de Hostelería, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Auto:

Na Coruña o vinte e catro de abril de dous mil doce.

Feitos:

Primeiro. O 18.9.2009 entrou neste Xulgado do Social número 2, demanda presentada por Chamnankit Supawee fronte a Maremarlo de Hostelería, S.L. e o Fogasa. As partes foron citadas para os actos de conciliación e xuízo o día 11.4.2012 ás 10.05 horas da mañá.

Segundo. Aos devanditos actos non compareceu ningunha das partes.

Razoamentos xurídicos:

Único. Á vista de que o demandante non se presentou ao xuízo iniciado por el e sen solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter ao demandante por desistido da súa demanda.

Parte dispositiva:

Tense por desistido Chamnankit Supawee da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquívese.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada Lara María Munín Sánchez. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Maremarlo de Hostelería, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial