Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (277/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 277/2010, por instancia de Mutua Gallega contra Chamorro, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 18 de abril de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, asistida pola letrada Alicia Llan Lodos, contra a entidade Chamorro, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada entidade a aboar á Mutua Gallega a suma de 2.117,51 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Chamorro, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado