Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18324

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2012 pola que se corrixen erros advertidos na do 9 de abril, pola que se convocaban probas selectivas para o ingreso na escala administrativa, pola quenda de promoción interna.

Advertido erro no texto da Resolución do 9 de abril de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 78, do martes 24 de abril, cómpre facer as seguintes correccións:

Na base 3. Solicitudes, no punto 3.2, onde di: «A Xerencia expedirá de oficio certificación que acreditará: a antigüidade recoñecida, o nivel de complemento de destino do posto que se desempeñe con carácter definitivo e os cursos de formación recibidos ou impartidos que figuren no expediente persoal. Esta certificación engadirase á solicitude presentada pola persoa aspirante. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes», debe dicir: «A Xerencia expedirá de oficio certificación que acreditará: a antigüidade recoñecida e o nivel de complemento de destino do posto que se desempeñe con carácter definitivo ou en adscrición provisional. Esta certificación engadirase á solicitude presentada pola persoa aspirante. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes».

No encabezamento do anexo V, onde di: «Solicitude de inscrición na listaxe de espera derivada do proceso selectivo convocado por Resolución do 8 de marzo de 2012», debe dicir: «Solicitude de inscrición na listaxe de espera derivada do proceso selectivo convocado por Resolución do 9 de abril de 2012».

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

P.D. (Resolución 30.4.2012)
Francisco González García
Vicerreitor de Investigación e Innovación
da Universidade de Santiago de Compostela