Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (258/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 258/2010, por instancia de Óscar Manuel Mato Gómez contra Santiago Regueira, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 16 de abril de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Óscar Manuel Mato Gómez, asistido do letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Santiago Regueira, S.L. en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe a Óscar Manuel Mato Gómez a cantidade de 10.145,76 euros, polos salarios no pagados de xuño de 2009 ao 20 de xaneiro de 2010.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000065025810.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Santiago Regueira, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial