Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (770/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 770/2011 por instancia de Daniel Díaz de la Iglesia contra Dygra Films, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 16 de abril de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Daniel Díaz de la Iglesia, asistido polo letrado Gonzalo Morán Méndez, contra a entidade Dygra Films, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.887,83 euros, polos salarios impagados de marzo e abril de 2011, incluído xa o xuro por demora do 10% previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpoñer o recurso na conta 15340000650077011.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dygra Films, S.L., expido e asino esta.

A Coruña, 16 de abril de 2012.

A secretaria xudicial