Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18083

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2998/2008).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2998/2008 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 813/2007 do Xulgado do Social número 2 de Ourense, promovidos por Antonio Rodríguez González contra Excosil e outros, sobre reclamación de cantidade, con data do 8 de marzo de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado por Antonio Rodríguez González, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense de data 11 de marzo de 2008, ditada, debemos confirmar integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a UTE Enlace de Cea OHL Malvar CRC, con último domicilio coñecido na rúa Perfectino Viéitez, 23, 1.º, 32500 O Carballiño (Ourense), expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

O secretario xudicial