Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18081

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4012/2008-MJ).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4012/2008-MJ a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 70/2008 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Ángeles Duran López contra Jorge Lago Lago, Dualca Porriño, S.L., sobre accidente, con data dezaoito de abril de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Ángeles Duran López contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo de data 18.4.2008, por instancia da recorrente contra o INSS, TXSS, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ibermutuamur, Dualca Porriño, S.L. e Jorge Lago Lago, e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselles ás partes en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuasen as notificacións en estrado, salvo que se trate de autos, sentenza ou emprazamentos, de acordo coa prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Jorge Lago Lago, Dualca Porriño, S.L., con último domicilio coñecido no lugar das Sobráns, 157 de Mos e na r/ Manuel Rodríguez 22, piso baixo, O Porriño, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial