Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18079

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3585/2008-CRS).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

N.º de recurso: recurso de suplicación 3585/2008-CRS.

Materia: accidente.

Recorrente: Germán Silvar Canosa, letrada María Veiga Ramos, A Coruña CC.OO.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Ibermutuamur, letrada Carmen Orjales Mariño, A Coruña.

Mutual Cyclops, letrada Blanca Fernández-Chao González-Dopeso. A Coruña.

Mymain, S.A.

Maessa (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Demanda: 329/2007.

Nas actuacións número 3585/2008-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 329/2007 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos por Germán Silvar Canosa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ibermutuamur, Mutual Cyclops, Tesouraría, Mymain, S.A., Maessa (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.), sobre accidente, con data dezaseis de abril de dous mil doce, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo demandante, Germán Silvar Canosa, contra a sentenza ditada o 21.5.2008 polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol en autos número 270/2008, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad Ibermutuamur, Mutua Ciclops, Maesa e Mymain, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte Mymain S.A., en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Mymain, S.A., con último domicilio coñecido en Rúa do Concello 4, Fene, Ferrol, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de abril de 2012.

A secretaria xudicial