Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18077

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 211/2009-MDM).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 211/2009-MDM.

Materia: recarga de accidente.

Recorrente: Guillermo Álvarez Paz.

Avogado: Guillermo Barros Arias-Castro.

Procurador: Javier Garaizabal García de los Reyes.

Recorrido: Guidareas, S.L.

Avogado: Manuel Ferreira Alonso.

Procurador: José Martín Guimaraens Martínez.

Recorrido: Montajes y Alquileres Monteagudo, S.L.

Avogado: Alberto Viejo López.

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorrido: Servigrúas Galicia, S.L.

Recorrido: Caroci, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Vigo. Demanda 82/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 211/2009 ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 2/2008 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos por Guillermo Álvarez Paz contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Guidareas, S.L., Montajes y Alquileres Monteagudo, S.L., Caroci, S.L., Servigrúas Galicia, S.L., sobre recarga de accidente, con data 13 de abril de 2012, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos: estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por Guillermo Álvarez Paz contra a Sentenza de 24 de outubro de 2008 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Guindareas sociedade limitada, a entidade mercantil Montajes y Alquileres Monteagudo sociedade limitada, a entidade mercantil Servigrúas Galicia Sociedade Limitada, a entidade mercantil Caroci sociedade limitada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala revógaa só en canto á absolución da entidade mercantil Guindareas sociedade limitada, a quen se declara responsable solidaria da recarga de prestacións imposta polo accidente de traballo sufrido por Guillermo Álvarez Paz ás entidades mercantís Servigrúas Galicia Sociedade Limitada e Caroci Sociedade Limitada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Caroci, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

O secretario xudicial