Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (634/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento SSS 634/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e nove de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 634/2011, seguidos por instancia de Mutual Midat Cyclops, representada polo letrado Sr. Rodero Diz, contra a empresa Artesanía Recarey, S.L., que non comparece, e contra o INSS, que comparece representado pola letrada Sra. Guerra Díaz, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Fallo que estimando integramente a demanda formulada por Mutual Midat Cyclops, representada polo letrado Sr. Rodero Diz, contra a empresa Artesanía Recarey, S.L., que non comparece, e contra o INSS, que comparece representado pola letrada Sra. Guerra Díaz, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.521,77 euros, no sentido exposto no fundamento único, incrementada cos xuros moratorios pertinentes, e absolvo o INSS das pretensións contra el dirixidas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. O recorrente que non teña a condición de traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar como depósito na conta de depósitos e consignacións correspondentes ao órgano que tiver ditado a resolución recorrida a cantidade de 300 euros (art. 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social).

Igualmente, ditouse auto aclaratorio da anterior sentenza e cuxo contido literal é o seguinte:

Auto.

A Coruña, dezanove de marzo de dous mil doce.

Feitos.

Primeiro. En data 29 de febreiro de 2012 ditouse sentenza nos presentes autos, co seguinte teor literal no seu fundamento de dereito único e na decisión:

“Examinada a proba documental, principalmente, partes de alta e baixa dos traballadores e certificado da TXSS sobre descubertos da empresa demandada, resultou acreditado que a empresa Artesanía Recarey, S.L. non cumpriu dunha maneira reiterada e prolongada no tempo coas súas obrigas no pagamento das súas cotas á Seguridade Social”.

“Decisión.

Que estimando integramente a demanda formulada por Mutual Midat Cyclops, representada polo letrado Sr. Rodero Diz, contra a empresa Artesanía Recarey, S.L., que non comparece, e contra o INSS, que comparece representado pola letrada Sra. Guerra Díaz, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.521,77 euros, no sentido exposto no fundamento único, incrementada cos xuros moratorios pertinentes, e absolvo o INSS das pretensións contra el dirixidas”.

Segundo. Por escrito de data 15 de marzo de 2012, recibido neste xulgado en data 16 de marzo de 2012, interésase pola representación de Mutual Midat Cyclops a rectificación da dito decisión, unha vez que se estimou integramente a demanda e non se condenou subsidiariamente o INSS como se interesaba no suplico desta.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provisor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX, e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 LAC, regula o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da decisión ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista nun “mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial”, isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial “simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á decisión”.

Así mesmo, establece o artigo 267.3 da LOPX: “3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento”.

Na súa consideración, tendo en conta que efectivamente se produciu un erro de trascrición na decisión, debe accederse á rectificación solicitada pola representación legal da demandante, no sentido proposto por esta no seu escrito do 15 de marzo de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe aclarar o fundamento de dereito único e a decisión da sentenza de data 29 de febreiro ditada nos presentes autos, que queda co seguinte teor literal:

“Examinada a proba documental, principalmente, partes de alta e baixa dos traballadores e certificado da TXSS sobre descubertos da empresa demandada, resultou acreditado que a empresa Artesanía Recarey, S.L. incumpriu dun xeito reiterada e prolongada no tempo coas súas obrigas no pagamento das súas cotas á Seguridade Social”.

“Decisión.

Que estimando integramente a demanda formulada por Mutual Midat Cyclops, representada polo letrado Sr. Rodero Diz, contra a empresa Artesanía Recarey, S.L., que non comparece, e contra o INSS, que comparece representado pola letrada Sra. Guerra Díaz, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante actora a cantidade de 1.521,77 euros, no sentido exposto no fundamento único, incrementada cos xuros moratorios pertinentes, e subsidiariamente ao INSS, para o caso de insolvencia da empresa”.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX.

Así, por este auto, o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 reforzo da Coruña. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Artesanía Recarey, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial