Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1059/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos autos 1059/2009, seguidos por instancia de Juan Carlos Casal Presedo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Gallega e Construcciones J.L. Meju, S.L., se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade permanente 1059/2009, en que foi demandante Juan Carlos Casal Presedo, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa representación do letrado da Administración da Seguridade Social Sr. González Quintas, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, coa representación da letrada Sra. Llan Lodos, e a empresa Construcciones J.L. Meju, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo parcialmente a demanda interposta por Juan Carlos Casal Presedo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e contra a empresa Construcciones J.L. Meju, S.L. e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno. Asinado».

Publicada no día da data. Marta Yanguas del Valle. Asinado.

E para que lle sirva de notificación a Construcciones, J.L. Meju, S.L., en ignorado paradero expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial