Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (512/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 512/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Rivera Antelo contra a empresa Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que estimo a demanda interposta por Mónica Rivera Antelo fronte ás mercantís Mercado Tropical, S.L., Dilo Grill, S.L., Districard, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno a Mercado Tropical, S.L., Dilo Grill, S.L., Districard, S.L., a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 8.016,94 euros, en ambos os dous casos con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento (26.7.2011) ata a sentenza (240 días) por importe de 10.145,07 euros, así como os que se perciban ata a notificación de sentenza, a razón de 38,87 euros por día.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao desta notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, M.ª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial