Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1024/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento n.º 1024/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Pérez Cotos contra a empresa Frenos y Embragues Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza con data do 12.4.2012, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Francisco Javier Pérez Cotos fronte á mercantil Frenos y Embragues Santiago, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.179,42 euros, en concepto de salarios dos meses de abril a agosto de 2009, e a paga extraordinaria de xullo, máis o 10% das cantidades salariais por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Frenos y Embragues Santiago, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial