Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 20 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria Ansemar (Castro de Rei-Lugo) ao Concello de Castro de Rei.

O acordo de concentración parcelaria da zona de Ansemar (Castro de Rei-Lugo) foi aprobado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural o 23 de novembro de 2000, foi publicado na forma legalmente prevista na lexislación vixente e na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos o Concello de Castro de Rei solicita a cesión en propiedade dos predios número 203 e 359; o primeiro para depósito de madeira e o segundo para a instalación dun punto limpo e depósito de plásticos agrícolas procedentes de usos agrícola-gandeiros.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que o destino para o que se solicitan os predios número 203 e 359 son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1) Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Ansemar (Castro de Rei-Lugo) e adxudicar ao Concello de Castro de Rei os predios número 203 e 359 que causan baixa no fondo de terras da zona, co fin de seren destinados aos fins indicados na parte expositiva desta resolución.

2) En caso de incumprimento dos fins para os que son cedidos, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao Patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicada esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de abril de 2012.

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo