Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-CO-0199/2009-MP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-CO-0199/2009-MP.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Ambos os prazos cóntanse a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0199/2009-MP.

Interesado: José Luis Hevia del Río, en representación de Trapsa.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: Amio, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).