Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de xestión de aplicacións para a Xunta de Galicia (expediente 09/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 09/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de soporte técnico e funcional de diversos sistemas de información, a xestión do ciclo de instalación e implantación de sistemas na Amtega, o mantemento correctivo e evolutivo de diversos sistemas, e a administración de diversas ferramentas ou plataformas afectadas polos sistemas anteriores. Todas estas actividades están orientadas a garantir a continuidade da plataforma de sistemas de información xestionada na Amtega.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses a partir do asinamento do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente (24 meses).

d) Admisión de prórroga: si; 24 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 872.183,45 €, máis 156.993,02 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 1.029.176,47 € (un millón vinte e nove mil cento setenta e seis euros con corenta e sete céntimos), que se distribuirán nas seguintes anualidades:

2012: 218.045,86 € + IVE (39.248,26 €) = 257.294,12 €.

2013: 436.091,72 € + IVE (78.496,51 €) = 514.588,24 €.

2014: 218.045,86 € + IVE (39.248,26 €) = 257.294,12 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17329

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: tendo en conta a remisión efectuada pola disposición transitoria 4.ª do TRLCSP ao artigo 25 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, así como o orzamento de licitación da presente contratación, a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 2, categoría c.

Respecto das empresas non españolas de estados membros da Comunidade Europea observarase o disposto nos artigos 58, 66 e 84 do TRLCSP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 18 de xuño de 2012.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados, das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Dirección: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia