Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa de todas as actuacións que se levarán a cabo nas feiras do libro de Galicia 2012.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 29 de febreiro de 2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa de todas as actuacións que se levarán a cabo nas feiras do libro de Galicia 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 101.694,92 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de abril de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 18 de abril de 2012.

c) Contratista: Ana Trevisani, S.L.

d) Importe de adxudicación: 91.525,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria