Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Monte Castelo número 7086.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que Río Narcea Nickel, S.A., con enderezo na rúa Serrano, 85-6.º I, 28006 Madrid, presentou nesta xefatura territorial, o día 12 de maio de 2004, instancia-solicitude do permiso de investigación Monte Castelo, de trinta e dúas (32) cuadrículas mineiras para recursos da sección C (níquel e substancias afíns), nos termos municipais de Coristanco e Santa Comba, provincia da Coruña, e correspondeulle o número 7086 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértices

Lonxitude

Latitude

1

8º 46’ 40’’

43º 08’ 00’’

2

8º 45’ 00’’

43º 08’ 00”

3

8º 45’ 00”

43º 04’ 40”

4

8º 45’ 40”

43º 04’ 40”

5

8º 45’ 40’’

43º 06’ 00’’

6

8º 46’ 00’’

43º 06’ 00’’

7

8º 46’ 00’’

43º 06’ 40’’

8

8º 46’ 20’’

43º 06’ 40’’

9

8º 46’ 20’’

43º 07’ 20’’

10

8º 46’ 40’’

43º 07’ 20’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, edificio administrativo Monelos, 2.º andar, praza de Luís Seoane s/n, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 10 de abril de 2012.

Susana M.ª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña