Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (174/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Gema María Fernández Santamariña contra Red House Trading, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 174/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Gema María Fernández Santamariña, que comparece asistida da letrada Sofía Castro Casal, e doutra como demandados a empresa Red House Trading, S.L., que non comparece, nin tampouco o Fondo de Garantía Salarial.

Decido que considerando a demanda formulada por Gema María Fernández Santamariña contra a empresa Red House Trading, S.L. e o Fogasa, condeno esta a aboarlle a cantidade de 883,12 euros netos, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 do ET e absolvendo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0174.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0174.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación a Red House Trading, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

O secretario xudicial