Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17727

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1097/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1097/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Margarita Franco Lago contra a empresa Rubén Rodríguez Blanco (Café Bar A Gavota), sobre reclamación de cantidade –procedemento ordinario–, se ditou sentenza cuxa decisión di: «Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Margarita Franco Lago contra Rubén Rodríguez Blanco e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Rubén Rodríguez Blanco a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.605,03 euros, por salarios de abril e maio de 2009, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2009, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Rubén Rodríguez Blanco (Café Bar A Gavota), en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 abril de 2012.

A secretaria xudicial