Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (613/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 613/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Saleta Neira contra a empresa Servizo Público de Emprego, Rosa Fidalgo Ramos, Panadería Grela, S.L., Pastelería Panadería Rigueira, Instituto Nacional da Seguridade Social sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Juan Saleta Neira contra o Servizo Público de Emprego Estatal, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Rosa Fidalgo Ramos, Panadería Grela, S.L., Buenaventura Piñeiro Prat e Joaquín Buyo Amado, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra as elas articuladas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle á destinataria, Rosa Fidalgo Ramos, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

A secretaria xudicial