Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificacion de sentenza (SSS 557/2011).

María Jesús Hernando Areas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento da Seguridade Social 557/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Mutua Galega Accidentes de Trabajo contra a empresa Fernando Pérez Rodríguez, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre Seguridade Social, ditouse sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Galega Accidentes de Traballo, contra Fernando Pérez Rodríguez, Instituto Social da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Fernando Pérez Rodríguez, a que reintegre á Mutua Galega Accidentes de Traballo, a cantidade de 238.318,31 euros en concepto de prestacións de incapacidade temporal, incapacidade permanente, asistencia sanitaria, gastos farmacéuticos e desprazamento, aboadas por esta ao traballador José Creo Varela, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Social da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica na mesma cantidade.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Fernando Pérez Rodríguez, en ignorado paradoiro estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

A secretaria xudicial