Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1035/2009-F).

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento 1035/2009-F deste xulgado do social, seguidos a instancia de Juan Carlos Rodríguez Martínez, contra a empresa Tabellarius, S.L. e Fogasa, sobre salarios, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

A Coruña, 13 de abril de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Juan Carlos Rodríguez Martínez, que comparece representado polo letrado Sr. Fachado Parada, contra a empresa Tabellarius, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

«Decido que estimando a demanda interposta por Juan Carlos Rodríguez Martínez contra a empresa Tabellarius, S.L., se condena a esta última a que aboe ao demandante, a cantidade de cinco mil novecentos dezasete euros e noventa céntimos (5.917,90 €), incrementada co xuro de demora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Tabellarius, S.L. en ignorado paradoiro, expídase esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial