Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17721

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3755/2008 CRS).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 3755/2008 CRS.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrente: Carlos Figueroa Patiño. Licenciado: Ramón Hermida Mosquera (CC.OO).

Recorridos: Fogasa. Licenciado: Fogasa.

– Hijos de J. Barreras, S.A. Licenciado: Gonzalo Iglesias Rial.

– Mintucal, S.L. Licenciada: M. Teresa Vázquez Rodríguez.

Notificación: licenciado Sr. Antas.

– Cambrosio, S.L. (DOG).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo. Demanda 740/2007.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3755/2008 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 740/2007 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Carlos Figueroa Patiño contra Fogasa, Hijos de J. Barreras, S.A., Mintucal, S.L., Cambrosio, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Carlos Figueroa Patiño contra a sentenza ditada o 22 de abril de 2008 polo Xulgado do Social número 3 de Vigo en autos número 740/2007 sobre horas extras contra Mintucal, S.L., Cambrosio, S.L, Hijos de Barrera, S.A., e Fogasa, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte, Cambrosio, S.L., en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Cambrosio, S.L., en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, o 17 de abril de 2012.

A secretaria xudicial