Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17718

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

Por Resolución do 9 de decembro de 2011 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro) convocaronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e a vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG núm. 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde modificada por Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro),

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de xestión integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O aspirante nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006 avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 16 de abril de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisora de Unidade de Reanimación.

Nome e apelidos: Ana Isabel Parada Folgoso.

DNI: 34996288-V.

Posto: supervisor de Unidade de Radiodiagnóstico.

Nome e apelidos: Antonio Viso Dopazo.

DNI: 44445525-A.

Posto: supervisor/a de Unidade Xeral.

Nome e apelidos: Rosa María López Rodríguez.

DNI: 76709968-T.

Nome e apelidos: Estrella Pérez Conde.

DNI: 34972923-C.

Nome e apelidos: Luis Alberto Rodríguez Ojea.

DNI: 34999451-Y.