Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17716

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se declara deserto o concurso de méritos, convocado por Resolución do 2 de xuño de 2010 (DOG núm. 118, do 23 de xuño), para a provisión de dous postos vacantes de supervisor/a de unidade de urxencias.

Por Resolución do 2 de xuño de 2010 (DOG núm. 118, do 23 de xuño) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dous postos vacantes de supervisor/a de unidade de urxencias.

A convocatoria prevé expresamente na base oitava que os aspirantes que sendo convocados non comparezan á defensa do proxecto técnico de xestión serán excluídos.

O día 8 de marzo de 2012 as aspirantes admitidas foron citadas para a defensa do proxecto técnico de xestión a través de anuncio na páxina web do Servizo Galego de Saúde e nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, sen que á presentación pública fixada para o día 12 de marzo comparecese ningunha delas.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro) pola que se de-senvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG núm. 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde modificada por Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro),

ACORDA:

Declarar desertos os postos convocados na citada convocatoria ao non concorrer aspirantes que reúnan os requisitos exixidos.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

Ourense, 16 de abril de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras