No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 235/2011 (procedemento abreviado), interposto por Berta Pernas Quiroga contra a Resolución do 22 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 4 de febreiro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as (DOG n.º 30, do 14 de febreiro de 2011). (Categoría: ATS/DUE).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos