Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17713

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do comezo da lectura do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 7 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 e modificado pola Orde do 16 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

Acordou:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que a lectura do terceiro exercicio da fase de oposición se realice a partir do día 15 de maio de 2012 na aula número 9 da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela a partir das 16.00 horas.

Segundo. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para a lectura pública os días 15 e 16 de maio de 2012 no lugar e na hora sinalados as persoas opositoras indicadas no anexo.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Cuarto. As convocatorias dos aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado no parágrafo primeiro e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

M.ª José García Sexto
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 15 de maio, 16.00 horas.

Apelidos e nome:

Losada González, Antonio

Riadigos Vilariño, Santiago

Soto Marínez, Hilda

Valiño García, Juan Antonio

Varela Iglesias, Ricardo

Día 16 de maio, 16.00 horas.

Apelidos e nome:

Villa Pérez, Hernán Ovidio

Herrero Fernández, Pablo

Fraile Dapena, José Andrés

Puncha Facal, José Antonio

Barcón Goas, Manuel

González Cid, Juan José