Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17712

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 4 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 e II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día trinta e un (31) de maio de 2012, no salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

María Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal