Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (249/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de María Jesús Rodríguez Fernández contra o Grupo Empresarial Manuel Hortas, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º 249/2010, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que foi interposta por María Jesús Rodríguez Fernández, contra a entidade Grupo Empresarial Manuel Hortas, S.L., e a súa administración concursal, que debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que as vinculaba desde o 13 de abril de 2010, por impagamento de salarios e falta de ocupación, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Grupo Empresarial Manuel Hortas, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 2.106,66 €, coa intervención procesual do Fondo de Garantía de Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena que deberá depositar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e n.º de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición laboral. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ao Grupo Empresarial Manuel Hortas S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial