Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza dos autos 810/2011 e acumulados 994/2011.

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 810/2011 e acumulados 994/2011 por instancia de Juan Carlos Gómez Calviño contra a empresa Adicional Logistics España, S.L. e Mensajería Urgente Mediterránea, S.L., sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 16 de xaneiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo que estimo a demanda interposta por Juan Carlos Gómez Calviño contra as empresas Adicional Logistics España, S.L. e Mensajería Urgente Mediterránea, S.L., sobre resolución contractual por modificación substancial de condicións de traballo, e condeno a empresa a lle aboar ao demandante a indemnización correspondente polos anos traballados entre o 1 de agosto de 2001 e o 23 de agosto de 2011, tendo en conta que o seu salario diario é de 75,73 euros, e iso coas limitacións fixadas no artigo 56 do Estatuto dos traballadores.

Que estimo en parte a demanda sobre despedimento interposta por Juan Carlos Gómez Calviño contra as empresas Adicional Logistics España, S.L. e Mensajería Urgente Mediterránea, S.L. e condeno as empresas a lle aboar os salarios de tramitación desde o 23 de agosto de 2011 ata a data da presente resolución e que ascenden a 11.056,24 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo do cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que o deberá interpor e sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Adicional Logistics España, S.L. e Mensajería Urgente Mediterránea, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial