Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (901/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 901/2011 por instancia de Manuel Rodríguez Suárez contra Techos Modulares, S.L., Motta Insonorización y Vibración S.L., A.T.P. Aislamientos, S.L., A.T.P. Montajes, S.L. e Aislamientos Modulares, S.A., sobre despedimento, nos cales en data 6.2.2012 ditou o decreto que copiado nos particulares necesarios di así:

«Decreto.

Secretaria xudicial: Ana María Carrasco García.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 7.9.2011 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Manuel Rodríguez Suárez fronte a A.T.P. Montajes, S.L., Techos Modulares, S.L., A.T.P. Aislamientos, S.L., Motta Insonorización y Vibración, S.L., Técnica Instalaciones Coruña, S.L., Aislamientos Modulares, S.A., Administrador Concursal de Técnica Instalaciones Coruña, S.L., Fogasa, en despedimento, e admitida a trámite, convocáronse as partes para os actos de conciliación e xuízo.

Segundo. No día 13.1.2012 chegaron a un acordo en conciliación, cuxo contido consta na acta expedida para o efecto, que se dá por reproducida. Desistindo neste mesmo acto o demandante fronte ás empresas Techos Modulares, S.L., Motta Insonorización y Vibración, S.L., A.T.P. Aislamientos, S.L., A.T.P. Montajes, S.L. e Aislamientos Modulares, S.A.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 84 da LPL establece que se as partes alcanzan unha avinza, sempre que non sexa constitutiva de lesión grave a terceiro, fraude de lei ou abuso de dereito, se ditará decreto que a aprobe e ademais acordarase o arquivo das actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e arquivar as actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación (artigos 186 e 187 da LPL). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta do Banesto, debendo indicar no campo concepto a indicación «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, coa indicación «recurso» seguida do «código 31 Social-Revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impuganada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Techos Modulares, S.L., Motta Insonorización y Vibración, S.L., A.T.P. Aislamientos, S.L., A.T.P. Montajes, S.L. e Aislamientos Modulares, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial