Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1269/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1269/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Alfonso García Ramos Macho, contra a empresa Asociación Instituto Desarrollo Comunitario de Galicia, Aula Cooperativa de Información y Cultura, Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte sentenza de data 20.3.2012, cuxa parte dispositiva é:

«Que estimo a demanda formulada por Pablo Alfonso García-Ramos Macho contra Asociación Instituto Desarrollo Comunitario de Galicia, a súa administración concursal, a Aula Cooperativa de Información y Cultura e o Fogasa, polo que condeno as empresas demandadas (Asociación Instituto e Aula Cooperativa) a que aboen solidariamente a cantidade de 15.366,74 €, máis os xuros por demora, e iso coas consecuencias legais inherentes.

E todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial nos termos e dentro dos límites do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, que debe anunciarse previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte á súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo e sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Asociación Instituto Desarrollo Comunitario de Galicia, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial