Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (641/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 641/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Pérez Trillo contra a empresa Autocares Romar Gerpe, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é:

«Complementar e emendar o erro material producido na sentenza n.º 292 en autos de despedimento 641-2011 da seguinte forma:

Fundamento xurídico quinto.

Di: «Así pois, e por todo o exposto, procede declarar a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a entidade Autocares Romar Gerpe polos incumprimentos contractuais sinalados e condenar esta a que aboe ao demandante unha cantidade igual ao despedimento improcedente, isto é, a razón de 45 días de salario por ano de servizo, o que, tendo en conta a antigüidade do demandante desde o día 8.6.2010 a razón de 46,34 euros diarios, e a data de extinción, a de resolución do contrato, é dicir, desde a data da sentenza (26 de setembro de 2011) resulta a cantidade de 2.714,61 euros de indemnización o haber diario de 46,34 euros desde a data da sentenza ata a súa notificación».

Debe dicir: «Así pois, e por todo o exposto procede declarar a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a entidade Autocares Romar Gerpe polos incumprimentos contractuais sinalados e condenar esta a que aboe ao demandante unha cantidade igual ao despedimento improcedente, isto é, a razón de 45 días de salario por ano de servizo, o que, tendo en conta a antigüidade do demandante desde o día 8 de xuño de 2010 ata o día 7 de xuño de 2011, lle corresponderán as cantidades de 2.428,54 euros en concepto de indemnización máis 2.317 euros en concepto de salarios de trámite máis o haber diario de 46,34 euros desde a data desta sentenza ata a súa notificación».

Na parte dispositiva dise: «Que, con estimación da demanda presentada por José Manuel Pérez Trillo contra empresa Autocares Romar Gerpe, S.L. debo declarar e declaro extinguida a relación laboral entre ambos e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada empresa a que indemnice o demandante na cantidade de 2.714,61 euros máis o haber diario de 46,34 euros desde a data da sentenza ata a súa notificación máis a cantidade de 8.627,35 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos».

Debe dicir: «Que con estimación da demanda presentada por José Manuel Pérez Trillo contra a empresa Autocares Romar Gerpe, S.L. debo declarar e declaro extinguida a relación laboral entre ambos e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada empresa a que indemnice o demandante na cantidade de 2.428,54 euros, máis a cantidade de 2.317,43 euros en concepto de salarios de trámite, máis o haber diario de 46,34 euros desde a data desta sentenza ata a súa notificación máis a cantidade de 8.627,35 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos».

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña resolución.

Contra este auto non cabe recurso ningún sen prexuízo dos recursos que procedan no seu caso contra a sentenza a que se refire a aclaración. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación deste auto (art. 215 Lei rituaria)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Autocares Romar Gerpe, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

A secretaria xudicial