Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (790/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 790/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eleuterio Sampedro Caneda contra Vox Bahía, S.L., Herederos de José Pérez Bernárdez, S.A., Pesqueiras Playa de Fontán, S.L., Armadora Parleros, S.L., sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando a demanda formulada por Eleuterio Sampedro Caneda contra a demandada Vox Bahía, S.L., Herederos de José Pérez Bernárdez, S.A., Pesqueiras Playa de Fontán, S.L., e Armadora Parleros, S.L., rebeldes procesuais, debo condenar e condeno as demandadas solidariamente a aboarlle ao demandante a suma de 8.088,65 euros máis o xuro legal correspondente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da súa notificación.

Prevénselle á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,25 euros en concepto de depósito (díxito 65), sen cuxos requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Vox Bahía, S.L. e Herederos de José Pérez Bernárdez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

A secretaria xudicial