Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17535

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1135/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1135/2011, por instancia de Luciano Pérez Codesido contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L.U., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 8 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Luciano Pérez Codesido, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra a entidade Piedras Rústicas Gallegas, S.L.U., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento e, debido á situación de cesamento de actividade da empresa, declaro a extinción do contrato de traballo que o unía coa empresa demandada na data desta resolución e condeno a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L.U. a que indemnice a Luciano Pérez Codesido na contía de 25.825,14 euros, actualizada na data desta resolución, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, que ascenden a 7.303,33 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 1534 0000 64 1135 11.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L.U., expido e asino este edicto na Coruña o 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado