Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (10/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 10/2010, por instancia de Jairo Alonso López Fernández contra Constantino Pazos y Dolores F. Cafetería Kirs,  S.L., sobre reclamación de cantidad, en que recaeu sentenza con data 7 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, debo estimar e estimo a demanda interposta por Jairo Alonso López Fernández, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra a entidade Constantino Pazos y Dolores F. Cafetería Kirs, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade demandada a que lle aboe a Jairo Alonso López Fernández a cantidade de 4.844,27 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo, e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 650110.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Constantino Pazos y Dolores F. Cafetería Kirs, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado