Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (26/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 26/2010, por instancia de Alfredo Reino Gómez contra Hoytrans, S.L. e Transportes Mariño e Hijos, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 7 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alfredo Reino Gómez, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra as entidades Hoytrans, S.L. e Transportes Mariño e Hijos, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno as entidades demandadas a recoñecerlle ao demandante unha antigüidade desde o 10 de xaneiro de 1996 de forma ininterrompida e deberán, de forma solidaria, aboarlle, en concepto de diferenza de antigüidade desde o mes de novembro de 2008 ata o mes de abril de 2009, a cantidade de 235,56 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

E, igualmente deberán, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta na entidade bancaria Banesto.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Hoytrans, S.L. e Transportes Mariño e Hijos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado