Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17539

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (978/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 978/2009, por instancia de Antonio Pampín Fidalgo contra Alejandro Sáez Rodríguez, sobre reclamación de salarios, en que recaeu sentenza con data 24 de febreiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Antonio Pampín Fidalgo, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a entidade Alejandro Sáez Rodríguez, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe a Antonio Pampín Fidalgo a cantidade de 2.000,38 euros, suma que se verá incrementada nos xuros de demora do 10%, establecidos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Alejandro Sáez Rodríguez, expido e asino este edicto na Coruña o 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado