Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1104/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1104/2011, por instancia de Daniel Fraile Maestro contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 23 de febreiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Daniel Fraile Maestro, asistido polo letrado Dionisio Luis Martín Casado, contra a entidade Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado ao demandante, condenando a entidade Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, ou ben o aboamento dunha indemnización de 4.199,93 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que na data da sentenza ascenden a 6.622,71 euros, calculándose os días restantes a 45,36 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado