Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1116/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1116/2009, por instancia de José Enrique Pose López contra a empresa Hormigones Carballo, S.L. sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data 22 de febreiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por José Enrique Pose López, asistido polo letrado Miguel A. Nouche Ferreira, contra a entidade Hormigones Carballo, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe a José Enrique Pose López a cantidade de 1.126,58 euros, polo salario non pagado do mes de xullo de 2009, suma á que será de aplicación os xuros de demora do 10% establecidos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Hormigones Carballo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado